Achádego Teatro
Achádego nace, no ano 1988, coa montaxe A dobre historia do Doutor Valmy, de Buero Vallejo. Realiza montaxes de sala como: Desaqueloutrados de Alonso de Santos, Hecyra de Terencio; Os simulados da caravilla de Manuel María; Dos arquivos do Trasno de Rafael Dieste; Á lus do candil de Anxel Fole; Maxia Vermella de Michel de Ghelderode; Chuvia de anxos sobre París de Alfonso Sastre; Aulularia de Plauto; A Tempestade de Shakespeare; A Mandrágora de Niccolò Macchiavelli; Confusión de María Balteira de Marica Campo; Unha petición de man e O Oso de Chejov: O libro de ler e desler, creación do grupo; Velaí a muller, de varias poetas; O divino sainete de Curros Enriquez, As Alegres Comadres, de Shakespeare e O bar co sen mariñeiro, de Alejandro Casona. Montaxes de rúa: Os bandidos do mar, Enguedellos para o sotomundo, Antroido na Muralla, O noso é mellor, Engadindo Pedras, Os Pelúdez entre nós, Urbis, Homenaxe a Lorca, Pinto pinto gorgorinto, O tren dos tres merliños, De Mitra a Mitra e outros. Video e TV. Contos para o programa da TVG: Superamigos, O bo cidadán fai a boa cidade baseado no libro Las buenas maneras de Blanco Amor; O Irlandés Astrólogo de Luís Seoane e diversas colaboracións con Cool Films e outros. Colaboramos co Club C. Fonmiñá en varias citas da Semana de Cine de Autor.