Lugo Cultura Dixital foi fundada en 2014

Lugo Cultura Dixital é un proxecto de comunicación e cultura dixital financiado pola Deputación Provincial de Lugo e promovido pola UNED e as asociacións culturais da rexión co obxetivo de crear un capital cultural territorial dixitalizado, dispoñible para os cidadáns a través dos medios de comunicación propios da UNED (Cadena Campus) e dos medios dixitais desenvolvidos para este proxecto.

Esta iniciativa de transmisión e comunicación de eventos culturais da provincia de Lugo baséase no uso das novas tecnoloxías e supón a creación dunha páxina web e a elaboración dunha revista dixital. Nestes espazos se levará a cabo a publicación e difusión do programa cultural das asociacións adscritas ao proxecto, a recompilación dos seus datos principais e a proyección de informacións de índole cultural que teñan un interese xeral para a poboación.

Queres vera nosa revista?

Pincha aquí

Desarrollo e promocion da cultura

Representación de todos os que queran estar relacionados coa cultura

Eventos moi diversos (seminarios, cursos, concertos, talleres...)

Sede en Lugo pero co alcance provincial

Xeración de contidos audiovisuais

Presenza en toda a provincia