3 meses atrás
INICIAMOS COA #UNEDLugo UN NOVO E APAIXOANTE PROXECTO! #unedlife 🤜🤛
www.elprogreso.es/articulo/lugo/unedlife-alianza-lucense-prol-do-deporte-saude/202211111926161615... ... Leer MásLeer Menos

#UnedLife: a alianza lucense a prol do deporte e a saúde
www.elprogreso.es
INICIATIVA ► A Uned de Lugo é un referente universitario nacional no eido do desenvolvemento sostible- Likes: 2
- Shares: 0
- Comments: 0
Lugo Cultura Dixital está en Lugo, Galicia, España.
3 meses atrás
20 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE
Con motivo dos 20 anos do afundimento do Prestige, a Rede Museística da Deputación de Lugo, súmase aos actos de aniversario desta catástrofe coa proxección, os próximos días 19 e 20 de novembro, nos catro museos que integran esta Rede, do documental ‘Alegría’ dirixido por Luís Otero e producido por Ecoloxistas en acción.
Esta proxeccións terán lugar segundo o seguinte programa:
- Sábado, 19 de novembro, ás 17:00h: no Museo Provincial de Lugo.
- Domingo, 20 de novembro, ás 11:30h: Simultaneamente no Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo), Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol) e no Museo Pazo de Tor (Monforte).
A entrada a cada unha destas proxeccións é libre e gratuíta ata completar aforo.
#LugoCulturaDixital
#Lugo ... Leer MásLeer Menos
3 meses atrás
Plans para novembro co #coladodovento
>>> Domingo, 13 de novembro: PERCORRIDO POLA MURALLA E CIDADE VELLA DE MONFORTE.
Percorrido na contorna da muralla e zonas de ámbito xudeo de Monforte, con visita á Torre da Homenaxe.
Acompañamento de Jorge Vila, autor do libro Murallas, torres y puertas de las fortificaciones monfortinas.
Visita gratuíta.
Non é preciso rexistrarse, só aparecer no lugar de encontro: Campo da Virxe ás 11:30 horas. Rógase puntualidade.
>>> Domingo, 20 de novembro: XORNADA MICOLÓXICA.
Xornada micolóxica dirixida por Carlos Pérez.
Encontro: 10 horas.
Saída pola mañá e xantar nun restaurante (por concretar). Saída pola tarde e exposición de cogumelos da zona.
Remate sobre as 19 horas.
Gratuíta para persoas socias; 10 € para non asociadas.
Cómpre anotarse, tanto para as visitas como para o xantar, antes do martes, 15 de novembro.
Especificaranse máis detalles en breve.
Federación de asociacións da Ribeira Sacra ... Leer MásLeer Menos
3 meses atrás
Programa completo. XXXII Festival de Jazz de Lugo, do 4 ó 20 de novembro do 2022 ... Leer MásLeer Menos
Lugo Cultura Dixital está en Uned Lugo.
3 meses atrás
Preparamos coa #UNEDLugo unha nova e interesante peza audiovisual co gallo do Día Internacional contra o #CambioClimático. ... Leer MásLeer Menos
Lugo Cultura Dixital está en Sargadelos, Galicia, Spain.
3 meses atrás
O vindeiro 31 de outubro a ACR Fervenza de Sargadelos celebra o Samaín en Cervo.
Ás 16h 30 comezará unha tarde cargada de actividades: obradoiro de cartón, monicreques, estantiga, concurso de cabazas e tampouco faltará unha chocolatada.
Para o obradoiro é preciso inscribirse en fervenzadesargadelos@gmail.com, xa que as prazas son limitadas. ... Leer MásLeer Menos
3 meses atrás
A asociación Boca do Monte organiza o día 5 de novembro a VI Xornada Castañeira.Aquí está o cartel da VI XORNADA CASTAÑEIRA con toda a programación de actividades para ese día.
Unha honra poder contar nesta ocasión coa creatividade de Noelia Rodríguez, unha veciña de Montefurado.
Anotade nas axendas ;) ... Leer MásLeer Menos
Grazas por compartir.
5 meses atrás
HOMENAXE A DARÍO XOHAN CABANA
Hoxe, venres, ás 20,00 h., no salón da Deputación Provincial, homenaxe a Darío Xohán Cabana por parte da LXIV Semana de Cine de Lugo, coa proxección da película A MARIÑEIRA, do lucense Antón Dobao, baseada nun relato de Darío.
Asistirán membros da familia do escritor recentemente falecido, e o director da película.
A razón primeira desta homenaxe dentro da Semana de Cine, está na especial relación amistosa de Darío coa organización, xa que o escritor foi un extraordinario compañeiro dos organizadores durante moitos anos como encargado do Auditorio Gustavo Freire e a estreita relación entre Darío e todos os directivos de Fonmiñá, cos que colaborou en todo momento.
Tanto a familia como o director da película recibirán unha estatuiña de lembranza e homenaxe. ... Leer MásLeer Menos
¿Quénes somos?
Equipo de traballo centrado na proxección da cultura lucense, no achegamento do público aos eventos culturais e na posta en valor do patrimonio cultural.
¿Qué facemos?
Promocionar o capital cultural da provincia de Lugo, fomentar o seu descubremento, promocionar a súa visita, divulgar o seu valor e concienciar sobre a súa capital importancia.
¿Cómo o facemos?
Selección, redacción e difusión de información de índole cultural, transmisión de eventos das asociacións lucenses , elaboración de revistas dixitais e organización de actividades culturais.