Salva Arco
O ex-xogador de baloncesto e actual director xeral do Club Baloncesto Breogán, Salva Arco ofrece, no episodio titulado "O Deporte" do podcast LCD, unha análise detallada da súa traxectoria profesional e das súas vivencias no ámbito deportivo. O que fora capitán do CB Breogán comparte reflexións tanto dentro como fóra das pistas, afondando na súa evolución persoal, nos desafíos superados ao longo da súa carreira e na súa perspectiva sobre o estado actual do baloncesto. Así mesmo, Arco aborda con claridade os retos presentes do equipo, cuxo obxectivo prioritario é garantir a continuidade na Liga ACB, xunto coas liñas estratéxicas e prioridades fundamentais da entidade que agora lidera.
José Luis Deaño
José Luis Deaño é maxistrado en Lugo e preside a Asociación Profesional da Maxistratura en Galicia. Na entrevista LCD - A Xustiza, Deaño reflexiona sobre os desafíos actuais do sistema xudicial, destacando a importancia de garantir a independencia xudicial e a confianza cidadá. Como presidente da Asociación Profesional da Maxistratura (APM) en Galicia, o invitado aborda cuestións como o bloqueo na renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, subliñando que esta situación prexudica a imaxe da xustiza e a súa eficacia. Defende unha xustiza máis próxima á sociedade, transparente e comprometida co servizo público.
Cintia Folgueira
Cintia Folgueira, investigadora lucense no IDIS, dedica o seu traballo a estudar como o cerebro inflúe en enfermidades como a obesidade e a diabetes. Na entrevista LCD - A Ciencia, fala da súa paixón pola ciencia, dos retos que afrontou e da importancia de divulgar o coñecemento. Foi recoñecida con premios como o Rising Star 2024 e o Entre Mulleres 2024 do Concello de Lugo, polo seu compromiso coa divulgación científica e a igualdade de xénero. Cintia aposta pola igualdade na ciencia e quere servir de exemplo para as rapazas que soñan con investigar e mellorar o mundo.
Yoe33
Manuel Pallín, coñecido como Yoe 33, é un artista urbano lucense con máis de 30 anos de traxectoria no graffiti. Na entrevista LCD - A Arte Urbana, fala da arte mural como ferramenta para conectar co pasado e dar vida ao espazo público. A súa obra máis recoñecida é Copora, tamén chamada A Castrexa, situada na Rolda da Muralla de Lugo. Este mural, inspirado na cultura castrexa e elaborado tras unha investigación co Museo Provincial de Lugo, destaca pola súa fidelidade histórica e pola súa forza visual. En 2023, Copora acadou o terceiro posto no ranking mundial de murais de Street Art Cities. Yoe 33 destaca a importancia de que a arte urbana dialogue co entorno e a memoria colectiva, convertendo os muros da cidade en espellos da súa identidade.
Mar Castro
Mar Castro, nada en Lugo en 1969, é unha recoñecida experta en comunicación, protocolo e oratoria dixital. Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, é autora da primeira tese en español sobre a NETiqueta e publicou obras como "NETiqueta. Comunicación en entornos digitales". Na entrevista LCD - A Comunicación, destaca a importancia da comunicación consciente e empática na era dixital, así como a recuperación da perspectiva humana nos espazos virtuais e o papel esencial das mulleres como ponte e vínculo na comunicación. A través da súa experiencia como asesora e formadora, Castro ofrece ferramentas para mellorar a marca persoal e as relacións interpersoais máis auténticas e efectivas.
Lois Pérez
Lois Pérez Díaz, nado en Lugo en 1979, é un destacado escritor, poeta, narrador oral e mestre de ensino público. Na entrevista LCD - A Palabra, o autor de títulos premiados como "Saltimbanqui" ou "A gruta da torre" comparte a súa perspectiva sobre a importancia da narración oral e da literatura na cultura galega. Destaca como as súas experiencias persoais e o seu contorno influíron na súa escrita, e reflexiona sobre o papel da lingua galega na súa obra. Ademais, o escritor aborda temas como a educación, a identidade cultural e a necesidade de fomentar a lectura entre a xente nova.
Carlota López Pardo
No episodio do podcast #LCD – O Campo, Carlota López Pardo comparte a súa experiencia como emprendedora no ámbito rural galego. Natural de Lugo e formada en enxeñaría agrícola, Carlota lidera unha explotación agraria na provincia, centrada en modelos sostibles e innovadores. A conversa céntrase no seu labor diario no campo, destacando os retos e oportunidades que implica traballar no medio rural. Reflexiona sobre a importancia da innovación e a sustentabilidade na agricultura, así como na necesidade de fomentar o relevo xeracional. Ademais, aborda cuestións como a visibilización do traballo feminino no sector agrario e a posta en valor dos produtos locais como parte esencial do desenvolvemento rural.
Guido Álvarez
No episodio del podcast #LCD – A Viaxe, Guido Álvarez Parga, coñecido como Guido Guía, comparte a súa experiencia como guía oficial de turismo de Galicia e creador do proxecto "Guido Guía". A conversa céntrase no seu enfoque innovador para promover o patrimonio cultural de Lugo mediante rutas temáticas como "O Lugo Menos Coñecido", que buscan redescubrir a cidade desde perspectivas menos convencionais. Ademais, abórdase o seu labor como turismólogo e profesor na UNED de Lugo, destacando o seu compromiso coa divulgación cultural e a conexión emocional co territorio. Guido reflexiona sobre a importancia de contar historias locais que fortalezcan a identidade e fomenten un turismo máis consciente e sustentable.
Adra Pallón
Adra Pallón é un fotógrafo e artista visual galego nado en 1992, cuxa obra se centra na documentación de realidades sociais, culturais e medioambientais, especialmente vencellada ao rural galego. Na entrevista do podcast #LCD – A Imaxe, Pallón reflexiona sobre o seu enfoque sociolóxico da fotografía, empregándoa como ferramenta para visibilizar problemáticas como o despoboamento, o abandono do rural ou os incendios forestais, temas centrais do seu proxecto “Lumes”. A través dunha metodoloxía que combina a escrita automática coa observación cotiá, busca capturar a carga emocional e simbólica da contorna, cuestionando tamén o impacto do cambio climático e as políticas que afectan os territorios periféricos. O seu traballo caracterízase por unha forte implicación persoal e un compromiso coa memoria e a identidade galega.
Sara Mejide
Na entrevista concedida por Sara Mejide, xefa de contidos en Radio Lugo da Cadena SER, a xornalista galega afonda na importancia e nos desafíos que afrontan os medios locais nun contexto como o de Lugo, onde a proximidade co público é clave. Expón as estratexias que emprega para chegar a todos os sectores da sociedade, poñendo especial atención na convivencia entre as redes sociais e os medios tradicionais, e na diferenza fundamental entre ambos: a credibilidade. Subliña que a radio segue a ser o medio no que máis confía a sociedade, un espazo no que a xente busca rir, desconectar e descansar. Sara reflexiona sobre o perigo do anonimato nas redes sociais e a necesidade de controlalo, así como sobre o papel activo que debe asumir o público na análise crítica da información. Para rematar, comparte a súa experiencia como xornalista deportiva nun ámbito maioritariamente masculino, reivindicando o seu espazo e aportando unha visión fresca e comprometida coa igualdade no deporte e no xornalismo.
Álvaro Villasante
Álvaro Villasante é un chef talentoso e comprometido coa gastronomía sostible e a promoción dos produtos da súa terra. Nacido en Palas de Rei, o seu enfoque innovador e a súa dedicación á calidade convertérono nun profesional destacado no mundo culinario. Actualmente, Álvaro é propietario do Restaurante Paprica en Lugo, onde elabora unha cociña saborosa, creativa, autodidacta e sen complexos. Nesta conversación fálanos dos seus inicios na gastronomía, dalgúns lugares e chefs que revolucionaron a súa forma de entender a cociña e do obxectivo principal do recoñecido Grupo Nove Cociñeiros do que forma parte. Como reflexión final, Álvaro achega a súa visión sobre a cultura de tapas gratis que afecta á gastronomía e á hostalería lucense.
Aurelia Balseiro
Licenciada con grao en Xeografía e Historia e especializada en Historia da arte e Museoloxía, Aurelia Balseiro, directora actual do Museo Provincial de Lugo, dedicou a súa carreira ao mundo dos museos. Grazas ao seu traballo, entendemos mellor como evolucionou este importante museo, como leva a cabo a programación de actividades culturais e como logrou reunir a súa impresionante colección arqueolóxica. Balseiro fálanos ademais sobre o destacado movemento de arte urbana en Lugo e do importante labor do Museo na transmisión do coñecemento á sociedade.
José Manuel Rus
José Manuel Rus é o xerente da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) desde 1998. O labor de José Manuel Rus contribuíu significativamente ao desenvolvemento rural e foi fundamental no mantemento e crecemento da Moexmu, que se converteu nun referente para o sector gandeiro galego. A súa formación universitaria e o seu coñecemento do sector gandeiro proporciónanlle unha visión global sobre a situación actual e os desafíos futuros do sector. Baixo a súa xestión, a Moexmu recibiu recoñecementos importantes, como o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural e o Premio Agader do Sector Agrogandeiro en 2024.
Ana Belén Traseira
Ana Belén Traseira, enxeñeira química e directora da Universidade Nacional de Educación a Distancia en Lugo (UNED), recoñecida pola súa actividade académica e o seu activismo medioambiental fala neste pódcast dos retos das universidades na actualidade, dos logros dos proxectos do Centro Asociado da Uned en Lugo e da importancia da educación cun toque de lucensismo.