Comments Box SVG iconsUsed for the like, share, comment, and reaction icons

3 semanas atrás

Lugo Cultura Dixital

O xoves 6 de febreiro ás 20:15 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre de 2020 en Monforte de Lemos

A compañía Sarabela Teatro presenta CRÓNICAS DO PARAÍSO obra de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Gonçalo Guerreiro e interpretada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
... Leer MásLeer Menos

O xoves 6 de febreiro ás 20:15 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios do primeiro semestre de 2020 en Monforte de Lemos A compañía Sarabela Teatro presenta CRÓNICAS DO PARAÍSO obra de Álvaro Cunqueiro, dirixida por Gonçalo Guerreiro e interpretada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.

4 semanas atrás

Lugo Cultura Dixital

#Artesanía e #Tradición no Centro Sociocultural do Vello Cárcere

#Exposición "Camín de madeira", de Inazio Abrao, carpinteiro por tradición familiar e por formación académica que transforma a madeira e outórgalle volumes xeométricos á marxe do seu contexto dando lugar a fermosas pezas artísticas.
... Leer MásLeer Menos

#Artesanía e #Tradición no Centro Sociocultural do Vello Cárcere #Exposición Camín de madeira, de Inazio Abrao, carpinteiro por tradición familiar e por formación académica que transforma a madeira e outórgalle volumes xeométricos á marxe do seu contexto dando lugar a fermosas pezas artísticas.

1 mes atrás

Lugo Cultura Dixital

A #UNEDLugo presenta o proxecto "NATURALMENTE" 🌲🌳

Dende a transversalidade da #Axenda2030 e para toda a provincia de #Lugo cunha programación de actividades completísima en materia de desenvolvemento sostible:

#economía
#medioambiente
#sociedade
#gobernanza
... Leer MásLeer Menos

2 meses atrás

Lugo Cultura Dixital

A MÉTRICA DO ILUSIONISMO é unha proposta que revisa as series máis representativas de Caxigueiro dende o 2005 -última exposición individual en #Lugo - ate a actualidade.

A exposición que comeza mañá xoves 19 de decembro as 20 horas no Rede Museística Provincial de Lugo e permanecerá aberta até o 25 de febreiro de 2020.

A evolución do seu traballo pasa por indagar en espazos que sempre lle espertaron interese pero que só nos últimos anos adquiriron unha relevancia maior. Tanto a fotografía como a poesía estiveron presentes na súa traxectoria discretamente, aportando matices, enriquecendo e ampliando a contorna que ían marcando a escultura e a instalación. Hoxe comparten tempo e procesos e, con frecuencia, establecen relacións tan próximas que resulta difícil saber onde está realmente a orixe dalgunhas creacións. Cada disciplina dispón de autonomía dabondo para achegarnos a experiencias perceptivas ben diferentes.

Esta mostra, aínda que pode sorprender, resume á perfección os cambios que se foron dando, dun xeito pausado, sen guión previo, deixando aflorar unicamente as necesidades estéticas e conceptuais de cada momento. Seguen presentes as mesmas teimas: o interese por narrar, a seriación, o social, etc.
... Leer MásLeer Menos

Cargar más