Lugo Cultura Dixital foi fundada en 2014
Lugo Cultura Dixital é un proxecto de comunicación e cultura dixital financiado pola Deputación Provincial de Lugo e promovido pola UNED e as asociacións culturais da rexión co obxetivo de crear un capital cultural territorial dixitalizado, dispoñible para os cidadáns a través dos medios de comunicación propios da UNED (Cadena Campus) e dos medios dixitais desenvolvidos para este proxecto.
Esta iniciativa de transmisión e comunicación de eventos culturais da provincia de Lugo baséase no uso das novas tecnoloxías e supón a creación dunha páxina web e a elaboración dunha revista dixital. Nestes espazos se levará a cabo a publicación e difusión do programa cultural das asociacións adscritas ao proxecto, a recompilación dos seus datos principais e a proyección de informacións de índole cultural que teñan un interese xeral para a poboación.